lunes 21 de septiembre de 2009

The End

The End:
Con esta cinematográfica frase titulo a que seguramente sexa a última actualización deste blog.
Esta aventura, que hoxe remata, comenzaba o 6 de Xaneiro do 2008. Durante todo este tempo tratei de facer este blog o máis entretido posible tentando mellorar con cada artigo que ía subindo, tratando de evolucionar, pero non sei se o logrei, se alcancei o obxectivo marcado...
Fai algo máis de ano e medio inventei ese nome que titula o blog: Piuzaky. Piuzaky non significaba nada, tentei que cobrase significado e pode que en certo momento si tivese algún sentido, pero agora doume conta que todo o que puido ser, hoxe carece de sentido e non me representa en ningún aspecto. Piuzaky ten un escuro pasado é representa unha época da miña vida, un breve capítulo da miña biografía do que non me sinto demasiado orgüioso, e este é o motivo principal polo que finiquito este blog.
Pero non quero irme sen mostrar o meu agradecemento a esas persoas que o longo deste tempo foron seguindo este blog e comentando nel, en especial a Lena (
http://ratinhosdesol.blogspot.com/ ) e a Beni ( http://biblioboveda.blogspot.com/ ). Sinceramente, moitas gracias polos vosos comentarios, xa que sen eles non tería seguido con isto.

Fai de todo, mira de todo. Aprende e se libre.


"See you in another life, brotha."

viernes 21 de agosto de 2009

Spaced.

En ocasións, o cine ou as series de TV, como neste caso, regálannos uns intres de reflexión, uns instantes para pensar. As películas van moito máis alá de lucir espectaculares efectos especiais (cos que eu gozo e aplaudo en ocasións) e de xerar grandes cantidades de beneficios económicos. O cine naceu para entreter e iso ninguén o pode negar, pero o cine tamén serve para protestar, para denunciar, para revelarse contra o mundo, para abrir os ollos, para educar.
J. Edgar Hoover (fundador do FBI) sabía que Chaplin o sabía, por iso o perseguiu e arruinoulle a vida, pero sen éxito, os films de Chaplin está aí e o que el dixo segue estando (desgraciadamente) de actualidade.
Parece que as grandes superproduccións conseguiron quitarlle ese importante matiz crítico o cine a base de: alucinantes películas descafeinadas con grandes efectos, mozas bonitas, historias de amor estúpidas, gran cantidade de referencias sexuais e parece que so en pequenos proxectos independentes atopamos cousas que merecen a pena.

Spaced (1999-2001) é unha sitcom (comedia de situación) británica que non saíu en España (tampouco creo que este país estea preparado para unha serie así) e so se pode conseguir subtitulada en escasos foros de internet. Consta de dúas temporadas, de sete episodios cada unha e foi sorprendentemente ben escrita e protagonizada por Simon Pegg e Jessica Stevensson e dirixida por Edgar Wright. Con grandes toques surrealistas e moitas referencias a cultura popular Spaced conta a vida de Tim e Daisy (e os seus estranos amigos), dous mozos de vinte e pico anos que viven na confusión que se produciu a comezos de século. Dos catorce episodios deixo este fragmento do final da primeira temporada, que creo é o adecuado para o que eu quero dicir:

Situación: Tim está nun bar esperando para falar coa súa ex-moza sobre unha posible reconciliación. O rematar chama a Daisy, a súa mellor amiga, e vai xunta del o bar.

Tim: Seino, e antes de que digas nada foi decisión miña.
Daisy: ¿De verdade?
Tim: Si. Ela quería que volvese, pero díxenlle que non.
Daisy: Guau.
Tim: Durante un segundo, vin as cousas claras. Desperteime. É como...¿sabes cando tes un orgasmo ti só? Xa sabes, estás aí tirado no sofá mirando una peli porno que mercaches unha noite de borracheira no Soho, e todo vai de marabilla. Esas imaxes absurdamente gráficas estante pondo cachondísimo, e todo parece perfecto ata que de repente...bingo! Despertas. E aí estás, tirado, sudando, buscando desesperadamente un kleenex que tes no bolsillo co mando a distancia tirado no chan, i é como tomar conciencia dun mesmo, ¿sabes? E te preguntas •"¿Que estás facendo?" Así sentinme esta noite, cando o meu corazón se paraba cada vez que alguén abría esa porta. "¿Que coño estás facendo?"
Daisy: ¿Pero iso é o amor, non? Unha enorme paja mental.
Tim: A vida non é como nas películas, ¿verdade? Dende sempre fannos crer en arranxar as cousas, en que todo pode volver ao status quo inicial pero non é verdade. Os finais felices son un mito deseñado para que afrontemos mellor o feito de que a vida non é mais que una loita sen sentido.
Tim: ¿Apetéceche bailar?
Daisy: ¿Sabes que? Creo que si.

lunes 27 de abril de 2009

Punto de Inflexión.

É o momento.
O sei porque o noto.
E cando un nota estas cousas sabe que algo vai pasar.
Sinto que algo está a rematar porque o vexo vir, como cando lanzas unha pedra o aire e sabes que esta vai caer si ou si.
É neste momento da historia cando fas balance, cando tentas que as contas cadren, e se non cadran as obrigas a cadrar, porque como non o fagan van pasar cousas malas.
O que non rematou xá o fará en breve: As obras do parque de diante da miña casa, o libro que me ten enganchado dende fai meses, Prison Break, a espera polo novo disco de Green Day e o instituto...; Todo isto é tan inevitable como o da pedra.
Como dicía o Xabarín: “todo o bo remata”.
Uns marchan e outros chegan... e outros volven a aparecer!
Todo cambia, pero no fondo non cambia nada.
Os acontecementos precipítanse, isto é inevitable.
O día 15 de Maio será un punto de inflexión, ese día algo cambiará.
É o momento.
O sei porque o noto.




Proximamente renovacións importantes no blog.

domingo 22 de marzo de 2009

Espellos na Rúa.

Está tolo.
Case seguro que si.
Eu atreveríame a dicir que o mundo está tolo.
Que lle pasa?
Porque seguro que lle pasa algo.

Pásalle que unha parte morre de vicio e a outra de fame.
A estas alturas do conto xa todos sabemos como funcionan as cousas, que queiramos ou non ver a realidade e xa outra historia.
A rúa é un perfecto reflexo da sociedade, evidentemente pensaredes, iso está claro, vaia novidade. A cuestión está cando saes a pasear e non te fixas no que ves, porque se te fixas volves traumatizado a casa seguro, e se non te fixas segues sendo feliz, como dicía Orwell “a ignorancia é a felicidade”. Pero sen dúbida o problema está cando te fixas no que ves e actúas como se non o fixeras.
Logo tamén pasa que a xente non sabe o que vota, e despois queixase de que as cousas non van ben.
Tamén temos o pai pacifista, que lle pega o seu fillo cando este négase a deixar de xogar co patín porque quere ir a casa a ver a carreira de motos.
Ou o profesor se autoescola o que pillan borracho conducindo a 250 Km/h.
O escritor que queima libros.
O nazi que ten A internacional como aviso das sms no móbil.
E que me dicides do político que non fala de política?
Aínda que o peor é un humorista o que se lle acabaron os chistes.
...
“Mirada de cerca, a vida é unha traxedia, pero vista de lexos, parece unha comedia.”
Solucionarémolo.
Pode que algo poidamos facer.
Tedes algún remedio?
Non todas as fábulas teñen moralexa.

sábado 14 de febrero de 2009

romA

Nun día como oxe, vexamos a definición do amor de distintas persoas o longo da historia:

_ David Jones: “O amorr, un vínculo terrrriblé”
_ Albert Einstein: “A lei da gravidade non é responsable de que a xente se namore.”
_ Mahatma Gandhi: “O amor é a forza máis humilde, pero a máis poderosa da que dispón o mundo.”
_ Platón: “A maior declaración de amor é aquela que non se fai; o home que sinte moito fala pouco.”
_ Antoine de Saint-Exúpery : “O amor é o único que crece cando se reparte.”
_ John Lennon: “Todo o que necesitas é amor.”
_ Pablo Neruda: “É tan corto o amor e tan largo o olvido.”
_ William Shakespeare: “Se non recordas a máis lixeira loucura en que o amor te fixo caer, non amaches.”
_ Blas Pascal: “O corazón ten razóns que a razón descoñece.”
_ Charles Chaplin: “Pensamos demasiado e sentimos moi pouco.”
_ Piuzaky: “O amor é unha especie de pegamento universal.”
_ Hellsverg: “O amor é o vínculo de confianza físico e mental definitivo entre dous seres humanos.”

E agora, escoitade as que pra min son as millores cancións de amor de todos os tempos: “How deep is your love” dos Bee Gees e "Como hablar" de Amaral:







DEDICADO A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE AMAN, AMARON E AMARÁN.

O Blog de Piuzaky © 2008 Plantilla de Dicas Blogger.

TOPO