lunes 27 de abril de 2009

Punto de Inflexión.

É o momento.
O sei porque o noto.
E cando un nota estas cousas sabe que algo vai pasar.
Sinto que algo está a rematar porque o vexo vir, como cando lanzas unha pedra o aire e sabes que esta vai caer si ou si.
É neste momento da historia cando fas balance, cando tentas que as contas cadren, e se non cadran as obrigas a cadrar, porque como non o fagan van pasar cousas malas.
O que non rematou xá o fará en breve: As obras do parque de diante da miña casa, o libro que me ten enganchado dende fai meses, Prison Break, a espera polo novo disco de Green Day e o instituto...; Todo isto é tan inevitable como o da pedra.
Como dicía o Xabarín: “todo o bo remata”.
Uns marchan e outros chegan... e outros volven a aparecer!
Todo cambia, pero no fondo non cambia nada.
Os acontecementos precipítanse, isto é inevitable.
O día 15 de Maio será un punto de inflexión, ese día algo cambiará.
É o momento.
O sei porque o noto.




Proximamente renovacións importantes no blog.

4 Comentários:

Lena dijo...

Non sabes ti canto cambiará a túa vida nos tres dias que dura todo... ata que te das conta.

(Adoro os puntos de inflexión)

[...♥Lanky*!] dijo...

Piu!
Encontréiche!
Muajajajaajaja!
Serás desfragmentado!
Bikiños...

gharnela dijo...

moi interesante a verdade

Lena dijo...

Moito inflexionas ti... que xa pasaron case tres meses, eh?

O Blog de Piuzaky © 2008 Plantilla de Dicas Blogger.

TOPO